O proxecto gañador do concurso de ideas para o novo Centro Social Multifuncional de Muimenta (Carballeda de Avia), estará exposto na Casa RIA (Santiago de Compostela) xunto co resto de propostas a partir do 4 de decembro.
Este concurso foi promovido polo Concello de Carballeda de Avia, co apoio económico da Fundación MOP e o apoio técnico e administrativo da Fundación RIA e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, respectivamente.