O Proxecto do Centro Cultural Forges é un dos 30 proxectos incluídos na mostra “Nova Arquitectura Galega 2024”, proposta polo Colexio de Arquitectos de Galicia como símbolo dunha nova xeración que está chamada a definir os trazos da arquitectura galega no futuro.
A selección destes 30 traballos e nomes pretende representar unha nova escolma cara o futuro e quere servir de apoio a unha xeración aínda nova pero xa establecida e recoñecida. Unha xeración que sufriu os embates económicos das dúas últimas décadas, soubo afrontalos dende a profesionalidade e a capacidade adaptativa, e está chamada a tomar o relevo e ser o remprazo de figuras ben recoñecidas das últimas décadas do S.XX.
A exposición poderase visitar na sede da Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia entre os días 5 e 16 de xullo, coincidindo co Festival de Arquitectura Urbana TAC!